II Video Contra o desaloxo da Casa das Atochas

NON O DESALOXO DA CASA DAS ATOCHAS!!!!
a Casa das Atochas, a Casa do Povo, a Casa de tod@s, debe conservarse!!!!!

MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DA CASA DAS ATOCHAS

SÁBADO 26 DECEMBRO
ás 17. 00 horas no Campo da Leña (pra o que no no saiba Praza de España, A Coruña)

Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.

Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.

E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul*, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …).

Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …

--
http://www.casadasatochas.info/



Dende Cri$istema o meu mais grande apoio a esta Casa e a sua Xente, que o fin e o cabo son os que fan posible que este proxecto, do povo e para o povo, sexa real. Moitas e moi boas horas pasei a carón de todas elas, persoas como digo, ben dignas, loitando por unha liberdade e unha xustiza (utópica ou non), pero sempre cun soriso e dispostos a construir un mundo mais xusto para toda-las persoas.
Nos currunchos da casa, comendo no xantar impopular, escoitando un concerto, unha palestra, ou simplemente falando con calquera, sentin-me sempre ben agusto. Dende alí mostraron-nos cousas imposibles de ver ou escoitar noutros sitios, é por eso que debemos acudir a mostrar o noso apoio, e por eso que a Casa das Atochas, a Casa do Povo, a Nosa Casa, debe conservarse!

Difunde, pasa, envía, manda esta noticia!


http://www.davidblanco.org

COMPARTE ÉSTE VIDEO
AYUDA A SU DIFUSIÓN

Entrevista realizada a los padres de David Blanco (jóven asturiano muerto bajo custodia policial).

El 26 de diciembre de 2008, David Blanco fue detenido por la policía local de Gijón, tras un reconocimiento médico fue enviado a los calabozos de la policía nacional de los que salió sin vida.

A pesar de la indiferencia de la prensa y el hermetismo de las instituciones, todos los meses se hace una manifestación frente a la comisaría para pedir la reapertura del caso y para exigir responsabilidades por la muerte del jóven de 22 años.

Tras cerca de un año, no se han depurado responsabilidades ni buscado culpables. El juez archivó el caso.

Su familia y su compañera, sus vecinos y sus allegados reclaman que se rehabra el caso.

http://www.kaosenlared.net/noticia/vi...
http://www.lahaine.org/index.php?p=41766

Honduras: "El vacío"

Sobre los asesinatos y desapariciones de los maestros en Honduras y la resistencia de éstos. "Son los paramilitares los que están matando a la gente"

Vídeo acerca de la represión ejercida por parte del cuerpo policial y el ejército hacia los docentes, los cuales se oponen al proceso electoral. En concreto se centra en el reciente asesinato del profesor y dirigente del Frente Nacional de la Resistencia en Honduras, Luis Gradis Espinal.

Los golpistas justifican los crímenes de los paramilitares denominándolos “ajustes de cuentas”.

[Honduras] El vacío from *** on Vimeo.



visto en lahaine.org
Concerto QA¹A (Barna) e BUOGH! (Vigo)
Data: mércores 2 de decembro
Hora: 21.00 horas (imos ser puntuais)
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto

máis información:
http://www.myspace.com/houseofqaa
http://magiaroja.net/
http://www.myspace.com/buogh


Concerto THE SEVENTHATE (Barna) e TOQUE VIL (A Coruña)
Data: sábado 5 de decembro
Hora: 21.00 horas (imos ser puntuais)
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto

máis información:
http://www.myspace.com/theseventhate


Sesión aberta de música improvisada JAMMIN' RESACA
Data: domingo 6 de decembro
Hora: 18.30 horas
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto
sesión aberta de música improvisada JAMMIN' RESACA

Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos
nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar:
instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños
experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co
necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.


Concerto JOAQUÍN LANA (Compostela), CARLOS VILLENA (Barna), ALEJANDRO
DURÁN (Ferrol) e XEDH (Bilbo)

Data: luns 7 de decembro
Hora: 20.30 horas (imos ser puntuais)
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto

XEDH (Bilbo)
www.myspace.com/miguelagarciaxedh
www.xedh.org

O traballo sonoro de Miguel A. García (xedh) relaciónase co son e as
súas construcións formais. Naceu en Gasteiz e traballa e vive en
Larraskito, Bilbao, desde onde colabora na dirección e xestión do
net-label Larraskito e do club do mesmo nome.

http://www.youtube.com/watch?v=UsRqFpCHO4U&feature=player_embedded

MATHREM
http://vimeo.com/7574877

JOAQUÍN LANA (Santiago DC)
Joaquin Lana é un activista sonoro que non fai distincións: codigo,
pedais usados/baratos/fodidos, giradiscos, vellas mesas de mestura,
micrófonos ³do chinés² e ata pequenos electrodomésticosŠ movéndose nun
universo bastardo no que o único importante é o nivel de presión
sonora .

http://vimeo.com/7534867

CARLOS VILLENA (BN/A Coruña)
Carlos Villena é un músico, productor e diseñador gráfico Barcelonés.
Participou en numerosas bandas de experimentación sonora dende 1994.
Tamén dirixe o seu propio selo, Mantricum Records

http://vimeo.com/7534474


Presentación da publicación de MUJERES PREOKUPANDO 08, a cargo dunha
compañeira de Girona.

Data: venres 11 de decembro
Hora: 20.30 horas
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto

ademais haberá ceador vegano e festa feminista.

Publicacións á vosa disposición en: http://www.nodo50.org/herstory/


Actividades permanentes
(abertas e gratuítas)
RADIO LIBRE KRIME xa está emitindo de xeito intermitente no 107.9 da
FM, se tes interese en facer un programa escribe a
radiokrime@gmail.com
Luns a partir das 20.30 horas
ASEMBLEA aberta da Casa
Martes a partir das 18.00 horas
OBRADOIRO DE MALABARES
Mércores de 13.00 a 16.30 horas
XANTAR IMPOPULAR (vegano)
Domingos a partir das
16.00 horas HORTA: interesad*s escribir a raquelosu@hotmail.com

Tenda libre, ateneo, matraquiño e contrainformación


--
http://www.casadasatochas.info/
http://www.myspace.com/casadasatochas
Super currazo espectacular da xente que participa no proxecto Ergosfera! parabens!
Nota: mellor ve-lo a pantalla completa!
top