A Mocidade Galega en Defensa do Agro!



PROGRAMA DA SEMANA
(EN VERMELLO OS TROCOS DE ÚLTIMA HORA)

Luns 18. Cafetaría Airas Nunes (Compostela).

20:30 horas.
Foro-Debate: "Por un consumo local e sostíbel" Apresentación da Asociación de Labregas/os Lentura e da cooperativa de consumo Eirado.

Martes 19. Bar PARAÍSO PERDIDO.. (Compostela)

20:30 horas.
Palestra + Proxección: "Cabalos do Monte. Regreso ao Pura Raza Galego" pola Asociación Cabalo Galego - PRG.


Mércores 20. Bar As Dúas. Pr. da Oliveira. (Compostela)
20:30 horas.
Palestra + Proxección: "No interior do Cortizo. A apicultura tradicional hoxe" por Román Cid, Abelleiro de Celanova.


Xoves 21. Bar LITERARIOS (pr. Quintana, Compostela).
20:30 horas
"Os Agros da República das Letras"

Palestra "Agro e literatura" de Darío Xohán Cabana.

Recital das Redes Escarlata.

Intervención Poético-Musical: "Agro na poesía popular" de Mini e Mero.



Venres 22. Alameda de Compostela.

16:30 horas
Open de Billarda
da Liga Nacional de Billarda.
Xogos Populares.


20:30 horas.

Foliada na Defensa do Agro no interior da carpa.


Sábado 23. Alameda de Compostela.
10:00 horas.
Mercado pola Soberanía Alimentar do SLG.
Exposición da Escola de Cestería de Allariz durante todo o día.

12:30 horas.
SESIÓN VERMOUTH co LEO DE MATAMÁ. Música en directo.

14:00 horas.
Xantar Popular da producción local Lentura. Confirmar asistenza antes do xoves 21 en info@adiantegz.org.Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver O prezo do xantar é de 12 €.

16:00 horas.
Obradoiro de Cestería impartido por Toño (Escola de Cestería de Allariz).
17:00 horas.
Mercado de Troca de Brinquedos, para crianzas de todas as idades, conducido por Eirado.
18:00 horas.
PALESTRA sobre AGRO E MOCIDADE con compañeiras/os do SLG.

19:00 horas.
PALESTRA sobre a SOBERANÍA ALIMENTAR, con compañeiras/os de Adiante e do SLG.

21:30 horas.
Concertos:

Sacha na Horta
sorteo do segundo premio (cesta ecolóxica)
Colabora: Cooperativa Lentura.
Os Tres Trebóns

sorteo do primeiro premio
(fin de semana para dúa persoas nunha casa rural no Courel)

Machina

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Pedalada e concentración ante a cimeira de Transportes da UE n'A Coruña

Na tarde deste venres día 12 de febreiro ten lugar en A Coruña, dentro da serie de reunións encadradas na Presidencia española da Unión Europea, unha cimeira dos ministros de transportes da Unión.

Durante pouco máis de tres horas celebran un consello coa "sustentabilidade do transporte urbano" como tema central, cousa que non podemos cualificar máis que como propaganda cínica cando se trata da palabra dos responsables das políticas máis atroces na materia. Logo de máis dunha década bombardeándonos con mensaxes ao respecto, a realidade que se agocha baixo esta sorte de ecoloxismo corporativo é a implementación dun tráfico hiperviolento, a nivel medioambiental e social, que condiciona prácticamente o total do espacio público das nosas cidades, nas que a media do espazo reservado para a circulación e o estacionamento dos coches privados se atopa entre o 20 e o 30%, chegando a un 40% nas urbanizacións de máis recente construcción.

As axudas astronómicas ás grandes empresas do automóbil (que no estado español ascenden a máis de 3.150 millóns de euros no período 2009/2010 só en axudas directas -sen contar as indirectas nin obscenidades como as adquisicións no "mercado de carbono"), non asociables a mellora algunha no eido laboral, e o conxunto de políticas do "todo para o coche" teñen o seu correlato na xeralizada marxinación dos itinerarios do transporte colectivo, peonil, ciclista e todo aquel que non tenda a separarnos unhas das outras e a todas da terra.

A máis, isto dase nun contexto de metropolización europea consistente nunha reordenación xeoeconómicamente xerárquica do territorio, fundamentada en políticas de transportes/mobilidade que procuran a "rápida circulación de persoas e mercadorías" entre os núcleos urbanos capitalísticamente privilexiados. A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade, un dos eixos fundamentais deste dominio, suporá un incremento brutal das desigualdades sociais mediante a elitización da mobilidade, manifesta nas súas tarifas, e o incremento dos niveis de sometemento i explotación das areas rurais, que no caso galego se tornan extremos mediante un gran desmantelamento da rede de cercanías.

CONCENTRACIÓN ás 18:30h do venres nas proximidades do PALEXCO (ao carón da Autoridade Portuaria). PEDALADA desde as 15:30 ata a hora da concentración*.

*Ás 15:30h quedamos no Obelisco para decorar as bicicletas. Sairemos un pouco máis tarde nun percorrido circular entre a Porta Real e a Praza de Ourense (o mesmo que nas 12 horas en bici).

top