Derrubo dunha mazá de Atocha Alta‏

Hoxe comezaron o derrubo das nove casas sitas na rúa Atocha Alta de Monte Alto. Pese a que o Concello a través do xornais insiste en que a xente está ben informada do derrubo das nove casas da rúa Atocha Alta de Monte Alto, nós a día de hoxe aínda non conseguimos saber, pese a ir varias veces a oficina de urbanismo do Concello, quen é a adxudicataria das obras, o número de licenza, os prazos da obra, o presuposto destinado, etc.
Investigando, e nunca mellor dito (por moito que o repitan non é un proceso transparente), na rede atopamos que a empresa que vai levar a cabo o derrubo e a nova pavimentación da rúa é Construcciones Ángel Jove (http://www.anjoca.com/es/datos-relevantes.php , na Tabla 11: Próximo inicio) e pola única nota de prensa enviada dende o concello o 1/10/2009 aos xornais que a empresa adxudicataria da construcción da praza é Iceacsa.
O único canle de comunicación cas veciñas e vecinos que o Concello está a utilizar é a prensa, para que a lee, por suposto. Hai máis casas na travesa de San Xosé que teñen previsto demoler en breve e a día de hoxe as inquilinas e inquilinos o souberon ao leer a noticia nun xornal gratuíto. O Concello ponse como prazo, previo a demolición de vivendas, dous meses para informar a xente que vive nelas, no caso de estar baixo réxime de aluguer. Se alguén quixera facer alegacións levao cru: algunhas se responden antes do esperado.

LUNS 22 DE FEBREIRO
ás 20.00 horas
no cruce da rúa da Torre coa rúa Atocha Alta
CONCENTRACIÓN PROTESTA CONTRA O DERRUBOS DAS CASAS DAS ATOCHAS
despois haberá unha asemblea aberta para decidir entre todas e todos as próximas acción a levar a cabo.

Vídeos:
http://galizacontrainfo.blip.tv/file/3237562/
http://blip.tv/file/3243490
http://blip.tv/file/3244764

Casa das Atochas - programación Febreiro 2010

Na tarde deste venres día 12 de febreiro ten lugar en A Coruña, dentro da serie de reunións encadradas na Presidencia española da Unión Europea, unha cimeira dos ministros de transportes da Unión.

Durante pouco máis de tres horas celebran un consello coa "sustentabilidade do transporte urbano" como tema central, cousa que non podemos cualificar máis que como propaganda cínica cando se trata da palabra dos responsables das políticas máis atroces na materia. Logo de máis dunha década bombardeándonos con mensaxes ao respecto, a realidade que se agocha baixo esta sorte de ecoloxismo corporativo é a implementación dun tráfico hiperviolento, a nivel medioambiental e social, que condiciona prácticamente o total do espacio público das nosas cidades, nas que a media do espazo reservado para a circulación e o estacionamento dos coches privados se atopa entre o 20 e o 30%, chegando a un 40% nas urbanizacións de máis recente construcción.

As axudas astronómicas ás grandes empresas do automóbil (que no estado español ascenden a máis de 3.150 millóns de euros no período 2009/2010 só en axudas directas -sen contar as indirectas nin obscenidades como as adquisicións no "mercado de carbono"), non asociables a mellora algunha no eido laboral, e o conxunto de políticas do "todo para o coche" teñen o seu correlato na xeralizada marxinación dos itinerarios do transporte colectivo, peonil, ciclista e todo aquel que non tenda a separarnos unhas das outras e a todas da terra.

A máis, isto dase nun contexto de metropolización europea consistente nunha reordenación xeoeconómicamente xerárquica do territorio, fundamentada en políticas de transportes/mobilidade que procuran a "rápida circulación de persoas e mercadorías" entre os núcleos urbanos capitalísticamente privilexiados. A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade, un dos eixos fundamentais deste dominio, suporá un incremento brutal das desigualdades sociais mediante a elitización da mobilidade, manifesta nas súas tarifas, e o incremento dos niveis de sometemento i explotación das areas rurais, que no caso galego se tornan extremos mediante un gran desmantelamento da rede de cercanías.

CONCENTRACIÓN ás 18:30h do venres nas proximidades do PALEXCO (ao carón da Autoridade Portuaria). PEDALADA desde as 15:30 ata a hora da concentración*.

*Ás 15:30h quedamos no Obelisco para decorar as bicicletas. Sairemos un pouco máis tarde nun percorrido circular entre a Porta Real e a Praza de Ourense (o mesmo que nas 12 horas en bici).
top