*MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO*

O próximo domingo 21 de marzo terá lugar a manifestación nacional anual da rede Galiza Non Se Vende.
*Compostela, 21 de marzo de 2010,
ás 12:00h na Alameda:*

"Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada. O goberno da Xunta segue empeñado en entregar o país ao capitalismo máis depredador mercantilizando a natureza, destruíndo a paisaxe, o patrimonio cultural e a biodiversidade, fomentando un urbanismo caótico para beneficio dos especuladores, construindo infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías contaminantes, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, e recheos no litoral, contaminando as rías e ríos, creando monocultivos de especies exóticas e invasoras, acabando co agro e fomentando o cultivo de transxénicos, financiando macro-empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras, sen o mais mínimo respeito polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… Fronte a isto desde a Rede de Colectivos en Defensa do Territorio, Galiza Non Se Vende berramos basta! Abonda! É hora de paralizar as agresións á nosa terra e de crear unha sociedade máis xusta coas persoas e coa natureza, unha sociedade baseada na democracia participativa. GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!"

0 comentarios:

top