22 de xaneiro PROXECCIÓN "AS ENCROBAS" L.S.O. Casa das Atochas‏

AS ENCROBAS. A CEO ABERTO
(Galiza, 2007)

Ás 20:30h:

Proxeción “Historias da Galiza” AS ENCROBAS. A CEO ABERTO
Presentación e coloquio
coa presenza do seu director, Xosé Bocixa.



Dirección e guión: Xosé Bocixa. Produción: IB Cinema. Fotografía: Benjamín T. Díaz. Duración: 65 minutos.

Documental sobre os célebres sucesos das Encrobas, un conflito político e socioecónomico que enfrontou, en plena decadencia da ditadura franquista, a labregos con autoridades, estas en defensa dos intereses de Unión Fenosa.

Neste documental abordase un conflito que nos anos setenta traspasou as fronteiras galegas e mesmo estatais. Xornais e televisións de Europa e América recollían os enfrontamentos entre labregos armados con paus e paraguas fronte a gardas civis armados con mosquetóns en plena decadencia do dictador Franco. Sen voz en off, ou sexa, somentes con imaxes e a palabra dos protagonistas faremos honra a unha loita protagonizada por mulleres, homes, nenos e nenas que se enfrontaban ó poder do capitalismo coa axuda dunha sociedade que buscaba máis cuotas de liberdade e no que se verá reflectida unha boa parte da sociedade galega. Poder político, social, económico…a emoción, a afectividade, a añoranza, o vacio das persoas que sufren o mal irreversible de perder todo o seu pasado. Unha industria que “trouxo moita riqueza pero que levou canta había”. Todas as partes terán voz neste documento que se apoia con imaxes recurso e con música orixinal de creadores novos.

Argumento:
As Encrobas é unha parroquia do Concello de Cerceda que a mediados dos anos 70 conta con case mil douscentos habitantes e arredor de 250 casas. Neste lugar abríase un fértil e amplo val agrícola ao carón da parte sur dos Montes de Xalo, atravesado polo rio Barcés e que durante séculos foi o medio de vida dun grande número de familias adicadas tradicionalmente a agricultura. No ano 77, as Encrobas saltou aos medios de comunicación cando a empresa Limeisa, filial de Unión Fenosa, pretende facerse coas terras e casas do val que albergaba miles de toneladas de carbón. Amparándose nun expediente de expropiación aprobado polo consello de ministros presidido polo dictador Franco no pazo de Meirás no verán do 1972 no que se declaraba de interés público a extracción do carbón co obxetivo de alimentar unha central térmica. A empresa ofrece prezos moi baixos aos labregos e labregas polas súas propiedades e foi entón cando comenzaron os intentos de expropiación forzosa e os enfrontamentos cos veciños que non estaban dispostos a abandonar o seu medio de vida a calquera prezo.

L.S.O Casa das Atochas

0 comentarios:

top