Este Domingo 15 de Febrero: Manifestación Galiza Non se Vende

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

galizanonsevende.org

* * * * * * Por favor, pregase que non se leven bandeiras de NINGÚN partido pólitico. Esta é, unha manifestación da xente pola terra galega, e non queremos que esta sexa aproveitada polos políticos pra sacar tallada nas eleccións como xa esta a ocorrer co BNG.

* * * * * * Por favor, se ruega que no se lleven banderas de NINUN partido político. Esta es, una manifestación de la gente por la tierra gallega, y no queremos que esta sea una manifestación aprovechada por los políticos para sacar tajada en las elecciones como ya está ocurriendo con el BNG.

0 comentarios:

top